Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duradeiras á súa situación, mediante o reasentamento voluntario no seu país de orixe ou no de acollida. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e máis de 250 oficinas esparexidas por todo o mundo. O dereito ao asilo e refuxio está contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos do seguinte xeito:
- En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a desfrutar del, en calquera país.
- Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948)
Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados | |
---|---|
Acrónimo | UNHCR |
Tipo | organização estabelecida pelas Nações Unidas, organización intergobernamental e organización internacional |
Campo de traballo | refugee law e ajuda humanitária |
Data de fundación | 14 de decembro de 1950 |
Director/a | Gerrit Jan van Heuven Goedhart, August R. Lindt, Felix Schnyder, Prince Sadruddin Aga Khan, Thorvald Stoltenberg, Sadako Ogata, Ruud Lubbers, António Guterres, Poul Hartling, Jean-Pierre Hocké e Filippo Grandi |
Organización matriz | ONU |
Premios | Premio Nobel da Paz, Premio Nobel da Paz, Premio Indira Gandhi e Prêmio Balzan |
Sede | Xenebra |
Na rede | |
https://www.unhcr.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Concedéuselle o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1981, así como o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1991.
Concede anualmente o premio Nansen Refugee Award, (coñecido anteriormente como a Medalla Nansen), a individuos ou grupos que destacaran na causa dos refuxiados.