Ali ibn Abi Talib
primo e xenro de Mahoma / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ali ibn Abi Talib (علي ابن أبي طالب, ʿAlī ibn Abī Ṭālib), coñecido simplemente como Alí, nado na Meca contra o ano 600 e finado en Kufa no 661, era primo e xenro de Mahoma, profeta do islam, como esposo da súa filla Fátima (Fatima bint Muhammad), con quen casou no ano 622. Cuarto califa do islam e o primeiro imán, segundo o xiísmo. Ali é importante tanto para os xiítas como para os sunnitas, politicamente e espiritualmente. As numerosas fontes biográficas sobre Ali son a miúdo sesgadas e seguindo liñas sectarias, pero coinciden en que era un musulmán piadoso, dedicado á causa do islam e un gobernante xusto de acordo co Corán e a Sunnah. Mentres os sunitas consideran a Ali o cuarta e último dos califas Rashidun (''os correctamente guiados''), os musulmáns xiítas consideran a Alí como o primeiro imam despois de Mahoma debido á interpretación destes dos acontecementos en Ghadir Khumm. Os musulmáns xiítas tamén cren que Alí e os outros imáns xiítas (todos os cales son da familia Ahl al-Bayt, a familia directa de Mahoma) son os lexítimos sucesores de Mahoma. Ali tamén recibiu recoñecemento de diversas organizacións non musulmás, como as Nacións Unidas e a Organización Mundial para os Dereitos Humanos, pola súa gobernanza e xustiza social.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |