Aleksandr Pushkin
poeta, dramaturgo e novelista ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aleksandr Sergeevich Pushkin, (en ruso: Александр Сергеевич Пушкин), coñecido como Aleksandr Pushkin (ás veces transcrito ao galego como Alexander ou Alexandre Puxquin), nado en Moscova o 26 de maio de 1799 e finado en San Petersburgo o 29 de xaneiro de 1837, foi un poeta, dramaturgo e novelista ruso,da era do romanticismo[1] É considerado por moitos como o máis grande poeta ruso[2][3][4] e o fundador da literatura rusa moderna.[5][6]
(1827) | |
Nome orixinal | (ru) Александр Сергеевич Пушкин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de maio de 1799 (Xuliano) Moscova |
Morte | 29 de xaneiro de 1837 (Xuliano) (37 anos) San Petersburgo |
Causa da morte | homicidio duelo, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Svyatogorsky Monastery (en) |
Member of Filiki Etería (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Bolshoye Boldino (en) (1833 (Xuliano)–) Yazykov Estate Park, Yazykovo (en) (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Oremburgo (pt) (1833 (Xuliano)–) Ulianovsk (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Kazán (–1833 (Xuliano)) Moscova (1833 (Xuliano)–1833 (Xuliano)) Moscova (–1829 (Xuliano)) Odesa (1823–1824) Simferópol (1820–1820) Chișinău (1820–1823) Penza (pt) Saratov Ulianovsk Ulianovsk San Petersburgo Yaropolets (en) Yazykov Estate Park, Yazykovo (en) Nizhnii Novgorod Layış (pt) San Petersburgo |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Tsarskoye Selo Lyceum (en) (1811–1817 (Xuliano)) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencia histórica, dramaturxia, tradución e crítica |
Ocupación | poeta , escritor , xornalista de opinión , coleccionador de livros (pt) , escritor de literatura infantil , ensaísta , dramaturgo , pessoa que pratica duelos (pt) , libretista , historiador , prosista , novelista , dramaturgo , tradutor , crítico literario , autor |
Período de actividade | 1814 - 1837 |
Membro de | |
Xénero artístico | poesía, teatro, novela |
Movemento | Romanticismo |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Александр НКШП P., Ст. Арз. (Старый Арзамасец) Феофилакт Косичкин Иван Петрович Белкин А. Б. |
Lingua | Lingua rusa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Natalia Pushkina |
Fillos | Maria Pushkina (pt) , Alexander Alexandrovich Pushkin (pt) , Natália Alexandrovna Pushkina (pt) , Grigory Aleksandrovich Pushkin (pt) |
Pais | Sergey Pushkin (pt) e Nadezhda Pushkina (pt) |
Irmáns | Olga Pavlischeva (pt) e Lev Sergeyevich Pushkin (pt) |
|
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Pushkin naceu na nobreza rusa en Moscova.[7] O seu pai, Serguéi Lvovich Pushkin, pertencía a unha antiga familia nobre. O seu bisavó materno era o xeneral de división Abram Petrovich Gannibal, un nobre de orixe africana que foi secuestrado da súa patria polos otománs. Foi liberado polo Emperador ruso e criado na casa da corte do Emperador como o seu afillado.
Publicou o seu primeiro poema á idade de 15 anos, e xa era amplamente recoñecido pola clase literaria cando se graduó no Liceo de Tsárskoye Selo. Ao graduarse no liceo, Pushkin recitou o seu polémico poema "Oda á liberdade", un dos varios que lle levaron ao exilio polo emperador Alexandre I. Mentres se atopaba baixo a estrita vixilancia da policía política do emperador e non podía publicar, Pushkin escribiu a súa obra de teatro máis famosa, Borís Godunov. A súa novela en verso Eugenio Oneguin publicouse por entregas entre 1825 e 1832. Pushkin foi ferido mortalmente nun duelo co suposto amante da súa esposa e marido da irmá desta, Georges-Charles de Heeckeren d'Anthès, tamén coñecido como Dantes-Gekkern, oficial francés ao servizo do rexemento da garda de cabaleiros.
Foi pioneiro no uso da lingua vernácula nos seus poemas e obras, creando un estilo narrativo, mestura de drama, romance e sátira, que foi dende entón asociado á literatura rusa e influíu notablemente nas posteriores figuras literarias como Gogol, Dostoievski, Tolstoi, e Tiútchev, así como nos compositores rusos Chaikovskii e Musorgskii.