Albatros
familia de aves mariñas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os albatros[1] ou diomedeidos (Diomedeidae) son unha familia de aves mariñas de grandes dimensións que, xunto cos procelaríidos, hidrobátidos e pelecanoides forman a orde Procellariiformes.[2] Distribúense por case toda a extensión do océano Antártico e o norte do océano Pacífico. Están entre as aves voadoras de maiores dimensións. Os grandes albatros (xénero Diomedea) teñen a maior envergadura alar de calquera especie existente na actualidade. Distribúense tradicionalmente en catro xéneros, aínda que existe desacordo en canto ao número de especies.
Albatros | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phoebastria albatrus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros e especies | |||||||||||||
|
Os albatros móvense de xeito moi eficiente no aire e empregando o planeo dinámico cobren grandes distancias con pouco esforzo. Aliméntanse de luras, peixes e krill, ben recollendo animais mortos ou capturando o seu alimento vivo na superficie da auga ou mergullandose. Son aves coloniais e a maioría aniña en illas oceánicas remotas, a miúdo compartindo o seu territorio de nidificación con outras especies. Establecen unha relación monogámica que dura toda a súa vida.
Das 22 especies recoñecidas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), 8 son vulnerables, 6 corren perigo de extinción e 4 atópanse en perigo crítico de extinción.[3]