Afonso VIII de León e Galicia
Rei de Galiza e León / From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso VIII de León e Galicia,[lower-alpha 1][1][2][3][4][5][6][7] denominado pola historiografía española como Afonso IX,[8][9][10][11][12][13][14] nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei dos leoneses e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.[lower-alpha 2]
Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, a historiografía española asignoulle fraudulentamente o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—[15][16]. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.[17]
“ | AFONSO VIII: Fillo de Fernando II e de Urraca de Portugal, foi coroado en León, en 1188. Este rei foi chamado Afonso IX pola historiografía española, cando se inventou a listaxe dos reis de España. O motivo era que existía outro rei chamado Afonso VIII, do reino independente de Castela, e chamándolle noveno a Afonso de Galicia e León dábaselle unha imaxe de unidade histórica á coroa de Castela, que só obedece a un intento de mistifica-la sucesión monárquica dos reis de Galicia […] | ” |
— GEG.[18] |