Sete Partidas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Sete Partidas (ou simplemente Partidas) son un corpo normativo redactado en lingua castelá, durante o reinado de Afonso X (1252-1284), co obxecto de conseguir unha certa uniformidade xurídica do Reino. O seu nome orixinal era Libro das Leis e, cara ao século XIV recibiu a súa actual denominación, polas seccións en que está dividida.
Segundo a teoría tradicional, compartida por Francisco Martínez Mariña e Antonio Solalinde, as Sete Partidas foron redactadas por unha comisión de xuristas (ou pola chancelaría real), e a intervención do rei Afonso X limitouse a indicar a finalidade do texto e as materias a tratar, ademais de encargarse de revisar e emendar persoalmente o traballo da comisión. Integrarían esta comisión: o Mestre Jacobo, o das leis; Juan Afonso, un notario leonés; o Mestre Roldán; e Fernando Martínez de Zamora (un dos primeiros xuristas casteláns).