Acabalgamento
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un acabalgamento[1] ou falla de acabalgamento (tamén chamado cabalgamento, encabalgamento e acabalamento[1]) é un tipo de falla inversa, ou sexa unha rotura na codia da Terra na que se produciu un desprazamento relativo, no que as rochas que estaban nunha posición estratigráfica inferior son empurradas cara a arriba, quedando situadas por riba dos estratos máis recentes. As fallas de acabalgamento son o resultado de forzas de compresión.