Abidjan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abidjan[1] ou Abidján,[2] capital do departamento do mesmo nome, é a cidade principal de Costa do Marfil, e foi a capital do país entre 1934 e 1983). En 2003 tiña 3 000 000 de habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Costa do Marfil | |||
Distritos da Costa (pt) | Abidjan Autonomous District (en) | |||
Departamentos | Abidjan Department (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.980.000 (2016) (2.350,17 hab./km²) | |||
Lingua usada | Língua nzema (pt) Língua ebrié (pt) Lingua aburé | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.119 km² | |||
Bañado por | Golfo da Guinea | |||
Altitude | 18 m | |||
Creación | 1898 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 00225 | |||
ISO 3166-2 | CI-AB | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Alfortville Pontault-Combault Kumasi Boulogne-Billancourt Marsella (1958–) São Paulo (1981–) San Francisco (1986–) Tianjin (1992–) Viseu (2011–) Liexa (2013–) | |||
Páxina web | districtabidjan.ci |
Situada na lagoa de Ébrie, a carón do Golfo de Guiné é un importante porto marítimo. A principal industria é a agroalimentaria, tamén destaca a de compoñentes para automóbiles, a téxtil, a química e o xabón e a refinaría de petróleo.
Aínda que a capital é Yamoussoukro, a maioría dos ministerios e embaixadas están aínda en Abidjan, o mesmo que a Biblioteca e o Museo nacional.
A zona oriental da Lagoa Ebrié, a carón do golfo da Guinea, foi o primeiro lugar da colonización francesa en Costa do Marfil que, en 1893, estableceu en Grand-Bassam (na costa, uns 30 km ó sueste de Abidjan) a primeira capital. Por razóns de salubridade trasladouse o aparato administrativo en 1899 a unha nova capital, Bingerville (fundada ao norte da lagoa e a uns 10 km ao leste de Abidjan, parte hoxe en día da súa aglomeración), en territorio dos tchaman (ou djemian) de Adjamé.