AG-59
autovía autonómica galega da Barcia (AP-53 e VG-1.6) ata A Estrada (N-640) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A AG-59, tamén coñecida como autovía Santiago-A Estrada é unha vía autonómica galega, na actualidade cobre o traxecto de Santiago de Compostela á Ramallosa e está previsto que continúe até A Estrada, coa posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei para enlazar coa N-541 ou a PO-534.[1][2]
AG-59 | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe na sombra |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 5,9 km |
Localización | |
Inicio | AP-53 (saída 1) |
Fin | AC-841 A Ramallosa |
Circulación | |
Velocidade máxima | 120 km/h |
Actualmente co tramo de Santiago de Compostela-A Ramallosa están en servizo uns 5,9 quilómetros de lonxitude, a prolongación até A Estrada, serían outros 11,5 quilómetros de lonxitude, e a posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei, podería sumar outros 16 quilómetros.
O primeiro tramo de Santiago de Compostela á Ramallosa foi inaugurado o 21 de novembro do ano 2008, tras dous anos das obras, que se empezaron a executar en maio do ano 2006.[3][4]