2001: Unha odisea do espazo
filme de 1968 dirixido por Stanley Kubrick / From Wikipedia, the free encyclopedia
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que se estreou en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea. Conta a historia dunha viaxe a Xúpiter coa computadora Hal despois do descubrimento dun misterioso monólito negro que afecta á evolución do home. No filme trata os temas do existencialismo, a evolución humana, a tecnoloxía, a intelixencia artificial e a vida extraterrestre. Destaca pola súa exactitude científica na descrición dun voo espacial, polos seus efectos especiais pioneiros e pola súa ambigua imaxinería. Emprega o son e un diálogo mínimo no canto das técnicas narrativas tradicionais e a banda sonora está formada por obras da música clásica como Danubio Azul e Also sprach Zarathustra.
2001: Unha odisea do espazo | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 2001: A Space Odyssey |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | Stanley Kubrick |
Guión | Stanley Kubrick Arthur C. Clarke |
Intérpretes | Keir Dullea Gary Lockwood |
Fotografía | Geoffrey Unsworth |
Montaxe | Ray Lovejoy |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | Uptown Theater: 2 de abril de 1968 3 de abril de 1968 15 de maio de 1968 |
Duración | 161 minutos (estrea) 142 minutos (cines) |
Orixe | Estados Unidos[1] Reino Unido[1] |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $10,5–12 000 000[2][3] |
Recadación | $138–190 000 000[4] |
Na rede | |
Financiado e distribuído polo estudio estadounidense Metro-Goldwyn-Mayer,[5][6] 2001: A Space Odyssey foi rodado e editado case na súa totalidade en Inglaterra, empregando as instalacións da subsidiaria de MGM, "MGM British" e os Estudios Shepperton, escollidos pola súa maior capacidade de profundidade de son. A produción foi subcontratada á produtora de Kubrick e tívose en conta que o filme fose suficientemente británico para que tivese dereito de subvención de Eady Levy.[5]:98 Tendo rodado outros dous filmes en Inglaterra, despois de 2001: A Space Odyssey, Kubrick decidiu asentarse alí permanentemente para as súas rodaxes.
Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 9 de maio de 2009.[7]