Óso peneano
óso do pene dalgún ,mamíferos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O óso peneano ou báculo (en latín baculum), é un óso que se encontra no pene da maioría dos mamíferos, máis precisamente en insectívoros, roedores, carnívoros e nos primates (agás na especie humana). Entre as especies domésticas, encóntrase no gato e no can. Este óso permítelles a estes animais a penetración en ausencia de erección.
En latín chamábase baculum (vara), os penis (óso peneano) e os príapi (óso de Príapo).
Está ausente en humanos, marsupiais, hienas, lagomorfos (como coellos e lebres) e na familia dos équidos, entre outros.
A súa forma e o seu tamaño varían entre as diferentes especies, e a súa función é a de facer posíbel a erección. Nos seres humanos, ao non teren báculo, a erección lógrase cando o tecido eréctil do pene énchese de sangue.
O óso homólogo nas femias denomínase os clitoridis (óso clitorídeo) ou baubellum.