Ás
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ás (en latín unidade) era a moeda base do sistema monetario da república romana, unha moeda de bronce que equivalía ó comezo ó peso dunha libra romana (273 gr), aínda que progresivamente foi reducindo o seu tamaño. Intruduciuse arredor do 280 a.C. Tras a reforma monetaria de Augusto, coa introdución do ouro no sistema monetario, o denario como unidade base da moeda de prata e unha nova moeda de oricalco, o sestercio, o ás seguiu a se cuñar pero xa como unha moeda de cobre, de moi baixo valor (10,9 g), ata o século III.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |