Gas
estado de agregación da materia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O gas é o estado da materia cando non ten forma nin volume de seu. A súa principal composición son moléculas non unidas, expandidas e con pouca forza de atracción, provocando que o gas se expanda para ocupar todo o volume do recipiente que o contén.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gas (homónimos).
É considerado nalgúns dicionarios como sinónimo de vapor, aínda que non hai que confundir os seus conceptos, pois este termo debe usarse estritamente para referirse a aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante.