Zoran Milanović
político croata / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zoran Milanović, nado o o 30 de outubro de 1966, é un político croata, quinto e actual presidente de Croacia desde 2020.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1966 (57 anos) Zagreb |
Presidente de Croacia | |
19 de febreiro de 2020 – ← Kolinda Grabar-Kitarović | |
Primeiro ministro de Croacia | |
23 de decembro de 2011 – 22 de xaneiro de 2016 ← Jadranka Kosor – Tihomir Orešković (pt) → | |
Deputado no Parlamento da Croácia (pt) | |
Datos persoais | |
Residencia | Zagreb |
País de nacionalidade | Croacia República Federal Socialista de Iugoslavia |
Educación | Faculty of Law of the University of Zagreb (en) Universidade de Zagreb (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Social-Democrata da Croácia (pt) (1999–) |
Lingua | Lingua croata |
Anteriormente exerceu como primeiro ministro de Croacia entre 2011 e 2016. Tamén foi presidente do Partido Sociademócrata (SDP), o maior partido de centro-esquerda de Croacia, de 2007 a 2016. Consecuentemente, exerceu como líder informal da oposición en dúas ocasións, de 2007 a 2011, e de novo de xaneiro a novembro de 2016, cando Davor Bernardić o sucedeu como presidente do partido. O 5 de xaneiro de 2020, foi elixido para o cargo de presidente de Croacia ao derrotar á anterior presidenta, a conservadora Kolinda Grabar-Kitarović.
Despois de graduarse en Dereito pola Universidade de Zagreb, Milanović comezou a traballar no Ministerio de Asuntos Exteriores de Croacia. Foi asesor da misión croata na Unión Europea e na OTAN en Bruxelas entre 1996 e 1999. Durante o mesmo ano uniuse ao Partido Socialdemócrata. En 1998 completou un mestrado en Dereito da Unión Europea na Vrije Universiteit Brussel e foi asistente do ministro de Asuntos Exteriores de Croacia para asuntos políticos multilaterais en 2003.
En xuño de 2007 foi elixido presidente do SDP, tras a morte do líder do partido, o ex-primeiro ministro croata Ivica Račan. Baixo a dirección de Milanović, o partido terminou no segundo lugar nas eleccións parlamentarias de 2007 e non foi capaz de formar unha maioría gobernante. A pesar do resultado das eleccións, foi reelixido líder do partido en 2008. En 2011, Milanović iniciou a formación da Coalición Popular, unindo catro partidos políticos de centro e centro-esquerda. A coalición obtivo a maioría absoluta nas eleccións parlamentarias de 2011, sendo o propio SDP o maior partido do parlamento. Milanović converteuse así en primeiro ministro o 23 de decembro de 2011, despois de que o Parlamento de Croacia aprobase o seu goberno.
O inicio do seu mandato estivo marcado polos esforzos para finalizar o proceso de ratificación da entrada de Croacia na Unión Europea e pola celebración dun referendo de adhesión. O seu goberno introduciu cambios no código tributario, aprobou unha lei de fiscalización e iniciou varios grandes proxectos de infraestruturas. Tras o aumento do valor do franco suízo, o goberno anunciou que todos os préstamos en francos suízos serían convertidos a euros. Milanović apoiou a expansión dos dereitos das parellas do mesmo sexo e introduciu unha lei para a unión destas.
Tras as eleccións parlamentarias de 2015 e dous meses e medio de negociacións para formar goberno, finalmente foi sucedido como primeiro ministro polo tecnócrata Tihomir Orešković en xaneiro de 2016. Despois de que o goberno de Orešković caese, Milanović liderou a Coalición Popular, formada por catro partidos, nas eleccións parlamentarias celebradas en setembro de 2016. A coalición sufriu unha derrota sorpresa fronte ao HDZ de centro-dereita e Milanović anunciou a súa retirada da política. A continuación traballou como asesor do primeiro ministro albanés, Edi Rama.
O 17 de xuño de 2019, Milanović anunciou que se presentaría a cargo de presidente de Croacia nas eleccións de decembro como candidato do Partido Socialdemócrata, sendo nomeado por dito partido o 6 de xullo. Na primeira rolda das eleccións, o 22 de decembro de 2019, obtivo o maior número de votos (29,55%), por diante da presidenta naquel momento, Kolinda Grabar-Kitarović (26,65%), e na segunda, o 5 de xaneiro de 2020, conseguiu o 52,66% dos votos, sendo declarado dese xeito como o quinto presidente de Croacia.