Parque zoolóxico
instalación na que se exhiben animais / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un parque zoolóxico, xardín zoolóxico ou zoo é unha instalación na que diferentes animais están expostos ó público no interior de recintos. Estas instalacións xogan un papel importante tanto na educación e conservación como no estudo do comportamento animal. Moitos zoolóxicos modernos esfórzanse por recrear os hábitats naturais dos animais para o seu benestar e para proporcionar unha experiencia máis auténtica aos visitantes.[1] Porén, tamén se ten criticado algúns casos onde prima o rol como espectáculo sobre o benestar animal e a investigación.[2]