Zhiyi
Fundador do budismo Tiantai / From Wikipedia, the free encyclopedia
Zhiyi (chinés tradicional: 智顗; chinés simplificado: 智𫖮; pinyin: Zhìyǐ; Wade-Giles: Chih4-i3; xaponés: chigi 智顗; coreano: jiui 지의; vietnamita: Trí Nghĩ), nado no condado de Gong'an en 538 e finado no condado de Tiantai en 597, é listado tradicionalmente como o cuarto patriarca, mais xeralmente está considerado o fundador da tradición Tiantai do budismo da China. O seu título estándar era Śramaṇa Zhiyi (Ch. 沙門智顗), ligándoo coa ampla tradición do ascetismo indio. Zhiyi é célebre por ser o primeiro da historia do budismo chinés que elaborou unha clasificación completa, crítica e sistemática das ensinanzas budistas. Tamén está recoñecido como a principal figura que fixo unha ruptura significativa da tradición india para forma un sistema chinés autóctono.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 538 (Gregoriano) Qianjiang (pt) |
Morte | 597 (Gregoriano) (58/59 anos) Tiantai County (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | China |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Alumnos | Zhìkǎi (en) |
Familia | |
Familia | Q15903425 |