Zarautz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Zarautz é unha cidade e concello do País Vasco, situada na parte oriental da comarca de Urola Kosta, na provincia de Guipúscoa. Esta vila turística linda ao leste e ao sur co concello de Aia, e ao oeste co concello e cidade de Getaria. Posúe catro enclaves, que lindan cos concellos xa mencionados, chamados Alkortiaga, Elkano, Sola e Arbestain. Este último comparte fronteira tamén co concello de Aizarnazabal. En 2023 (INE) contaba cunha poboación de 23 152 habitantes, mais en épocas estivais, adoita chegar aos 45 000. Zarautz atópase a uns 15 km de distancia da capital provincial, Donostia.
Alcume | haizeak | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Guipúscoa | ||||
Comarcas | Urola Kosta | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.152 (2023) (1.564,32 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14,8 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1237 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xabier Txurruka Fernandez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20800 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 20079 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | zarautz.eus |
Foi fundada, como vila, en 1237 por Fernando III de Castela. Ata o século XVI, os seus habitantes adicábanse, mormente, á pesca, en especial, á de baleas. Logo, coa desaparición da balea do Cantábrico, os habitantes da vila comezaron a adicarse a outros mesteres, como á agricultura, á industria téxtil ou á fabricación de móbeis e barcos.
Segundo algúns manuscritos achados, aínda que non conclusos, nos estaleiros de Zarautz construíuse a primeira nave que deu a volta ao mundo, nomeada ''nao Victoria'', comandada por Juan Sebastián Elcano, nado ao carón de Zarautz, na localidade veciña de Getaria.
Cos seus 2,8 km, a praia de Zarautz é a máis extensa do País Vasco, do mesmo xeito que unha das máis longas do mar Cantábrico. A zona preto ao paseo marítimo destacaba pola presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante o século XIX, que foron substituídas gradualmente por edificios e vivendas. O Palacio de Narros, situado á fronte da praia, foi un posto de veraneo para a raíña Isabel II de España, así como da raíña consorte de Bélxica, Fabiola de Bélxica.