Xogos Olímpicos de 1908
From Wikipedia, the free encyclopedia
Despois da realización dos xogos intermedios de 1906 en Grecia, considerados non oficiais e que non tiveron os seus resultados computados polo Comité Olímpico Internacional, os Xogos da IV Olimpíada foron realizados en Londres, Gran Bretaña, entre o 27 de abril e o 31 de outubro de 1908. Orixinalmente deberían ter sido realizados en Roma, mais unha erupción do volcán Vesuvio obrigou ás autoridades italianas a usar todos os seus recursos económicos para combater os efectos da traxedia e a desistir de albergar os Xogos, que acabaron por ser transferidos á capital británica.
Nome oficial | Spiller vun der IV. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Número de participantes | 22 2.008 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 110 |
Localización | Estádio Olímpico de White City (pt) (Hammersmith (pt) ) Londres (Gran Londres) |
País | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Intervalo de tempo | 27 de abril de 1908 – 31 de outubro de 1908 |
Número de edición | 4 (1908) |
Aberto oficialmente por | Eduardo VII do Reino Unido |
Competición | |
Resultado | City of London Police Jay Gould II |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Considerados os primeiros Xogos realmente ben organizados para un evento desta envergadura, despois dos fracasados e improvisados Xogos de París e Saint Louis, a pesar de ter novamente a súa duración alongada por máis de seis meses, obtiveron o empeño persoal do Rei de Inglaterra para a súa realización e se desenvolveron no primeiro complexo olímpico construído, o Shepperd’s Bush Stadium, en White City, suburbio de Londres, con capacidade para cen mil espectadores e que constaba de estadio de fútbol, pista de atletismo, piscina, pista de ciclismo e instalacións para a ximnasia e a loita.
Inaugurados polo Rei Eduardo VII, os Xogos tiveron a participación de 22 estados e 2.008 atletas, entre eles 37 mulleres, que disputaron probas en tres deportes diferentes: tenis, ximnasia e patinaxe no xeo, embrión dos futuros Xogos de Inverno, do total de 24 modalidades. Foi nestes Xogos nos que Gran Bretaña, por primeira e única vez, liderou o cadro de medallas nunha olimpíada, nun total de 145 sendo 56 de ouro, máis do dobre dos seus entón máis férreos adversarios, os norteamericanos.