Xerófilo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O adxectivo xerófilo,[1] e o substantivo xerófito,[2] (do grego antigo xero-: seco, -filo: amigo, e -fito: planta) aplícanse en botánica á vexetación e ás asociacións vexetais especificamente adaptadas para a vida nun medio seco. É dicir, plantas adaptadas á escaseza de auga na zona na que habitan, como a estepa ou o deserto.[3][4][5][6][7]
Encóntranse en rexións climaticamente áridas e tamén en ambientes excepcionalmente secos de rexións semiáridas ou subhúmidas.[3][4][5]