Werner Forßmann
From Wikipedia, the free encyclopedia
Werner Theodor Otto Forßmann, máis coñecido como Werner Forßmann ou Werner Forssmann[1], nado o 29 de agosto de 1904 en Berlín e finado o 1 xuño de 1979 en Schopfheim, Baden-Württemberg, foi un médico alemán, cirurxián, urólogo e cardiólogo que inventou o cateterismo cardíaco. Cando publicou un artigo detallando como se autoexperimentou con esta técnica, o seu xefe e a comunidade médica repudiárono, resultando no seu despedimento. Forßmann permaneceu esquecido durante 27 anos até que, en 1956, foi recoñecido polo mundo científico e galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1904 Berlín, Alemaña |
Morte | 1 de xuño de 1979 (74 anos) Schopfheim, Alemaña |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Catedrático | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña do Oeste (1949–1979) Reich alemán (1904–1871) Imperio Alemán |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Cardioloxía |
Lugar de traballo | Frankfurt (Oder) |
Ocupación | médico militar , cardiólogo , fisiólogo , urólogo , cirurxián , médico |
Empregador | Universidade de Maguncia |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1932–) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Premios |
Pechar