Voo 972 de Cubana de Aviación
accidente de aviación en Cuba en 2018 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 972 de Cubana de Aviación era un voo doméstico en Cuba entre o Aeroporto Internacional José Martí na Habana e o aeroporto Frank País en Holguín. O 18 de maio de 2018, o Boeing 737-200 Advanced que voaba a ruta esnafrouse pouco despois de engalar da Habana,[1][2] estoupando en chamas[3][4] a 10 quilómetros do aeroporto,[5] nunha granxa preto de Santiago de las Vegas, a 19 quilómetros do centro da Habana.[3][6] 110 pasaxeiros e tripulantes morreron no accidente.
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 972 de Cubana de Aviación | |
---|---|
O avión do accidente en marzo de 2011 | |
Resumo | |
Data | 18 de maio de 2018 |
Causa | Baixo investigación |
Lugar | Santiago de las Vegas |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto José Martí |
Destino | aeroporto Frank País |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-200 Advanced |
Operador | Global Air no nome de Cubana de Aviación |
Rexistro | XA-UHZ |
Pasaxeiros | 104 |
Tripulación | 9 |
Superviventes | 3 |
Pechar