Von den Jüden und iren Lügen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Von den Jüden und iren Lügen (en ortografía alemá moderna Von den Juden und ihren Lügen, traducible ao galego como Sobre os xudeus e as súas mentiras[1]) é un tratado antisemita de 65 000 palabras escrito en 1543, polo líder da Reforma Protestante, Martiño Lutero.
Von den Jüden und iren Lügen | |
---|---|
Autor/a | Martiño Lutero |
Lingua | lingua alemá |
Xénero(s) | falso boato antissemita e literatura cristiá |
Data de pub. | 1543 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A actitude de Lutero cara aos xudeus, tomou diversas facetas ao longo da súa vida. No seu período máis inicial, previo a 1537 ou non moito antes, tentou converter aos xudeus ao luteranismo, pero non logrou convencelos. Posterior a iso, especialmente cando escribiu este tratado, difamounos e alentou a que fosen perseguidos.[2]
Neste polémico tratado, Lutero declarou que as escolas (yeshivá) e sinagogas xudías debían ser queimadas, que os seus libros de oración (sidur) debían ser destruídos, prohibir que os rabinos predicaran, incendiar os seus fogares, e confiscar os seus ingresos e propiedades. Non se debe mostrar compaixón nin bondade cara a eles, non se lles deben brindar protección legal, e "estes velenosos vermes envelenados" terían que se enviados a traballos forzados ou ser expulsados para sempre.[3][4][5] Tamén se presenta a xustificación do seu asasinato, escribindo: "[Temos] a culpa de non matalos".[6]