Viño do Porto
tipo de viño / From Wikipedia, the free encyclopedia
O porto ou viño do Porto (portugués: vinho do porto) pertence ao xénero de viños coñecido como viños fortificados. Estes viños naceron nos séculos XVI e XVII, como produto da adición de brandy ao viño cando está en proceso de fermentación. Deste xeito conséguese a estabilización do viño, logrando un viño que resistía as variantes temperaturas e humidades do longo traxecto marítimo que o comercio da época impuña.