Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
A Súa Maxestade
Vitoria do Reino Unido |
Nome orixinal | (en) Alexandrina Victoria |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Princess Alexandrina Victoria of Kent 24 de maio de 1819 Palacio de Kensington (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda)
|
---|
Morte | 22 de xaneiro de 1901 (81 anos) Casa Osborne (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda)
|
---|
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
---|
Lugar de sepultura | Mausoleo real de Frogmore |
---|
|
|
Emperador da India |
---|
|
|
1 de maio de 1876 – 22 de xaneiro de 1901 ← sen valor – Eduardo VII do Reino Unido → |
Monarca do Canadá |
---|
1 de xullo de 1867 – 22 de xaneiro de 1901 ← sen valor – Eduardo VII do Reino Unido → |
Monarca do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
---|
|
20 de xuño de 1837 – 22 de xaneiro de 1901 ← Guillerme IV do Reino Unido – Eduardo VII do Reino Unido → |
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Palacio de Kensington Casa Osborne Palacio de Buckingham Castelo de Windsor |
---|
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
---|
Relixión | Igrexa Anglicana |
---|
Educación | Windlesham House School (en) |
---|
Altura | 142,24 cm |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | monarca |
---|
Período de tempo | Época vitoriana |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Luigi Lablache |
---|
Lingua | Lingua inglesa, lingua alemá, lingua francesa, lingua italiana, lingua latina e Lingua urdú |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Outro |
---|
Título | Monarca do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Emperador da India Princesa británica Raíña |
---|
Familia | Casa de Hannover |
---|
Cónxuxe | Alberte de Saxonia Coburgo Gota (1840–1861), morte do cónxuxe |
---|
Fillos | Vitoria, princesa do Reino Unido, Luísa do Reino Unido (pt) , Príncipe Artur, Duque de Connaught (pt) , Príncipe Leopoldo, Duque de Albany (pt) , Helena do Reino Unido (pt) , Alicia do Reino Unido, Alfredo, Duque de Saxe-Coburgo-Gota (pt) , Eduardo VII do Reino Unido, Beatriz do Reino Unido (pt) |
---|
Pais | Eduardo Augusto, Duque de Kent e Strathearn (pt) e Vitória de Saxe-Coburgo-Saalfeld (pt) |
---|
Irmáns | Carlos, 3° Príncipe de Leiningen (pt) e Feodora de Leiningen (pt) |
---|
Parentes | Sara Forbes Bonetta (pt) (afillado) Xurxo III do Reino Unido (avó paterno) Xurxo IV do Reino Unido (tío) Guillerme IV do Reino Unido (tío) Vitoria Uxía de Battenberg (daughter's daughter (en) ) Guillerme II de Alemaña (neto) Nicolao II de Rusia (neto) Xurxo V do Reino Unido (neto) Princesa Vitória Alexandra do Reino Unido (pt) (neta (pt) ) Luísa, Princesa Real e Duquesa de Fife (pt) (neta (pt) ) Príncipe Alberto Victor, Duque de Clarence (pt) (neto) Maud de Gales (pt) (son's daughter (en) ) Prince Alexander John of Wales (en) (neto) Alexander Mountbatten, 1.º Marquês de Carisbrooke (pt) (daughter's son (en) ) Lorde Leopold Mountbatten (pt) (daughter's son (en) ) Príncipe Maurice de Battenberg (pt) (daughter's son (en) ) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
28 de xuño de 1838 | Coroação de Vitória do Reino Unido (pt)
|
|
Premios |
|
|
|
|
|
|
Pechar
Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.
Casou co seu curmán, o príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casaron con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberte en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o republicanismo gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de ouro e de diamante foron moi celebrados.
O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do Reino Unido e coñecéuselle como época vitoriana. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do Imperio británico. Vitoria foi a última monarca da casa de Hannover. O seu fillo e sucesor, Eduardo VII, pertencía á nova casa de Saxonia-Coburgo e Gotha.