Visón americano
From Wikipedia, the free encyclopedia
O visón americano (Neovison vison) é un mamífero carnívoro da familia dos mustélidos semellante á martaraña. Ten a testa ancha, orellas moi curtas e unha pelaxe lustrosa de cor parda uniforme, cunha raia máis escura no lombo e patas curtas con pés anchos. A súa pel é moi estimada pola industria peleteira.
Visón americano | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Neovison vison (Schreber, 1777) | |||||||||||||||||||||||||||
Distribución da especie | |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
Mustela vison |
O visón americano críase en granxas para aproveitar a súa pelaxe en abrigos de pel. Os escapes de animais de granxa e a liberación intencionada por parte de presuntos grupos ecoloxistas permitiron o seu establecemento como especie invasora, poñendo en grave risco ao visón europeo (Mustela lutreola) e danando gravemente a dinámica dos ecosistemas que ocupa.
É transmisor da plasmocitose ou enfermidade Aleutiana do Visón (ADV) causada por un parvovirus, que confire aos exemplares portadores dun determinado xene unha importante deficiencia inmunitaria que chega a causar a morte. Os exemplares infectados que non posúen este xene, sen desenvolver a enfermidade son portadores da mesma, podendo transmitila a outros mustélidos, especialmente visones europeos e americanos.
Orixinario de América, a área de distribución natural do visón ocupa a maior parte dos Estados Unidos e no Canadá, dende os límites da tundra ata as rexións áridas do sur do continente.