Virxe (astroloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En astroloxía, Virxe[2] ou Virgo[3] (♍︎) é o sexto signo do zodíaco, o terceiro de natureza negativa (nocturna, pasiva, yin, feminina) e de calidade mutábel.[4][5] Simboliza o traballo e o seu símbolo representa unha virxe, pertence xunto a Tauro e Capricornio ó elemento terra.[6] Está rexido por Mercurio.[7]
Virxe | |
---|---|
Símbolo zodiacal | Virxe |
Duración (Tropical) | 23 de agosto - 22 de setembro[1] (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 18 de setembro - 17 de outubro (2024, UTC) |
Constelación | Virgo |
Elemento | Terra |
Calidade zodiacal | Mutable ou duplo |
Domicilio | Mercurio, Chiron e Pallas |
Detrimento | Neptuno e Xúpiter |
Exaltación | Mercurio |
Caída | Venus |
Dado que o seu símbolo está representado por unha muller, foi identificada con varias deusas tales coma Artemisa e mesmo comparada con Afrodita. Para os romanos representaba a Ceres, a deusa da agricultura, as colleitas e a fecundidade, quen posúe unha espiga na súa man, de aí o nome da estrela Spica que pertence a esta constelación. Considérase que alguén é do signo Virxe cando nace entre o 22 ou 23 de agosto e o 22 ou 23 de setembro[8] segundo o zodíaco tropical ou entre o 17 de setembro e 17 de outubro segundo o zodíaco sideral. O seu oposto e compatíbel é Pisces.[9]