Vickers Wellington
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vickers Wellington foi un bombardeiro medio británico de longo alcance da segunda guerra mundial. Foi o mellor bombardeiro bimotor da RAF durante a guerra, e soportou o peso dos bombardeos nocturnos ata a chegada dos catrimotores, como o Avro Lancaster. O Wellington continuou actuando durante toda a guerra realizando outras tarefas, sobre todo como avión anti-submarino. Deseñouse a partir dunha especificación de 1932 e entraría en servizo en 1938, sendo o único bombardeiro británico que foi producido durante todo o conflito.
Vickers Wellington | |
---|---|
Wellington en 1940 | |
Tipo | bombardeiro, avión anti-submarino |
Fabricante | Vickers-Armstrongs |
Primeiro voo | 15 de xuño de 1936 |
Introducido | outubro de 1938 |
Retirado | marzo de 1953 |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Forza Aérea de Australia Real Forza Aérea do Canadá Fleet Air Arm |
Produción | 1936 - 1945 |
Unidades construídas | 11 461 |
O Wellington foi popularmente coñecido como Wimpy polos membros da RAF, pola personaxe J. Wellington Wimpy das historias de Popeye. O Wellington bautizado como "B for Bertie" foi protagonista da película de 1942 One of Our Aircraft Is Missing. Este foi un dos dous bombardeiros aos que lle deu nome Arthur Wellesley, 1º duque de Wellington, sendo o outro o Vickers Wellesley.