Viña del Mar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Viña del Mar é un concello chileno pertencente á provincia e Rexión de Valparaíso. Segundo o INE en 2002 tiña 286.931 habitantes. Foi fundada en 1878 como municipio e ten unha superficie de 121,6 km². Xunto a outros núcleos urbanos forma parte da área metropolitana do Gran Valparaíso. Atópase no Litoral central de Chile, xunto á desembocadura do Marga Marga ó océano Pacífico. É unha das vilas balnearios máis visitadas de Chile e tamén das máis exclusivas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Valparaíso | |||
Provincia | Provincia de Valparaíso | |||
Comuna | Viña del Mar (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 332.875 (2017) (2.760,84 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 120,57 km² | |||
Altitude | 2 m | |||
Creación | 1878 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 56 32 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Cidade de México Suzhou Mar del Plata Punta del Este (pt) Cantón, China Sausalito (pt) Río de Xaneiro (2023–) | |||
Páxina web | vinadelmar.cl |
Viña del Mar destaca polos seus balnearios, grandes centros comerciais, beiras costeiras con edificios altos, hoteis e variados lugares de entretemento, o que a converteu nunha das cidades máis turísticas de Chile, máis exclusivas e máis recoñecidas de xeito internacional.
Chámaselle A Cidade Xardín, pola cantidade de áreas verdes e parques que ten. Ademais, ten sido recoñecida polo seu estilo estilo arquitectónico suburbano orixinal de "casas quinta", establecido polos ingleses establecidos en Valparaíso e que tiñan as súas casas de verán en Viña del Mar a fins do século XIX.
Segundo unha enquisa, é vista polos chilenos como a mellor comuna do país para vivir e traballar.