Vía romana
From Wikipedia, the free encyclopedia
As vías romanas foron esenciais para o crecemento do Imperio romano, capacitando aos romanos para mobilizar os seus exércitos. Un vello proverbio di que "todos os camiños levan a Roma." As vías romanas foron proxectadas para dificultar nas provincias a organización de resistencia contra o Imperio. No seu cúlmen, o sistema de vías romanas atinxiu 85.300 km (53.000 millas), cuns 372 ramais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Os romanos, por razóns militares, comerciais e políticas, impulsaron a construción de estradas, que denominaron viae (nominativo plural do nominativo singular via), palabra derivada da raíz indoeuropea *wegh-, que significa "ir", no sentido de "transportar nun vehículo" (voz proveniente da mesma raíz). As viae foron primariamente sentidas como estradas para carros, é dicir para carretaren materiais dunha localidade a outra. Moitas desas vías foron aínda utilizadas nos milenios posteriores.
Estas extensas estradas foron de grande importancia para manter tanto a expansión como a estabilidade do Imperio. As lexións movíanse con rapidez por elas. Porén na Antigüidade tardía esas mesmas estradas xogaron un importante papel nos reveses militares sufridos polos romanos, ao canalizaren as invasións bárbaras.