Vía Dolorosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros[1]—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma.[2] Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.