Utopía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A utopía é a idea ou representación dunha civilización ideal, fantástica e imaxinaria, referíndose a unha cidade ou a un mundo paralelo ao actual. É un termo que vén do grego e significa "bo lugar que non existe". Foi inventado por Thomas More, un escritor inglés e humanista, que estaba impresionado polas narracións extraordinarias de Américo Vespucio sobre a illa de Fernando de Noronha. More dixo que nesa illa podíase construír unha civilización perfecta e debido a isto escribiu un libro titulado Libellus, de optimo reipublicae statu, deque nova insulta Vtopiae no que Fernando de Noronha pasaría a ser o lugar perfecto da primeira utopía.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Utopía tamén pode considerarse como un modo optimista de ver o mundo e de ver as cousas como nos gustaría que fosen. Existen catro tipos de Utopía: a económica, a relixiosa, a política e a ambiental.