Usuario:Servando2/probas6
From Wikipedia, the free encyclopedia
O réxime alimenticio dos gregos antigos caracterizábase pola súa frugalidade, reflexo das condicións difíciles da agricultura grega. Está fundamentado na «triloxía mediterránea»:[1] trigo, aceite de oliva e viño.
Os cereais constituían a base da alimentación grega. Principalmente trigo duro, espelta e cebada. O trigo era reducido a gran empregado en puré ou moído en fariña para facer pan ou tortas. A cebada adóitase utilizar para facer a maza, o prato básico grego. Os agricultores cociñaban no forno o trigo fariñeiro. A pasta de trigo utilizábase na fabricación de galletas de consumo corrente, as galletas facíanse en moldes e secábanse. Os cereais servíanse a miúdo con verduras (col, espinacas, cebolas, leituga, ravos, lentellas, fabas ou garavanzos). O consumo de peixe e carne varía dependendo das fortunas das familias, e estaba reservada aos ricos. Por outra banda, os gregos consumían unha gran cantidade de produtos lácteos, especialmente queixo. A frase «non comer máis que cebada» é o equivalente de «estar a pan e auga». Coñecíase a manteiga, pero preferíase o aceite de oliva. A comida era acompañada de viño (tinto, branco ou rosado), e de auga, ás veces aromatizada.
A alimentación dos gregos coñécese polas fontes literarias e artísticas: as comedias de Aristófanes e extractos das obras conservadas polo gramático Ateneo, os vasos pintados e polas figuras de terracota.