Usuario:Pazos2019/Milton Nascimento
From Wikipedia, the free encyclopedia
Categoria:!Imagem local diferente da no Wikidata Milton do Nascimento (Río de Xaneiro, 26 de outubro de 1942), alcumado "Bituca", é un cantante e compositor brasileiro recoñecido mundialmente como un dos máis influentes e talentosos cantantes e compositores da Música Popular Brasileira.[1] Mineiro de corazón, tornouse coñecido nacionalmente, cando a canción "Travessia", composta por el e Fernando Brant, ocupou a segunda posición no Festival Internacional da canção, de 1967. Versionaron as súas cancións, nomes como: Wayne Shorter, Pat Metheny, Björk, Peter Gabriel, Sarah Vaughan, Chico Buarque, Gal Costa, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Fafá de Belén, Simone e Elis Regina. Recibiu 5 premios Grammy. En 1998, gañou o Grammy de Best World Music Album in 1997. Milton actuou na América do Sur, América, Europa, Asia e África.
Milton Nascimento | |
---|---|
Milton en 2014, despois de recibir o trofeo da 25ª edición do Prêmio da Música Brasileira. | |
Información xeral | |
Nome completo | Milton Nascimento |
Tamén coñecido(a) como | Bituca |
Nacemento | 26 de outubro de 1942 (76 anos), Rio de Xaneiro |
Orixe | Três Pontas, Minas Gerais |
País | Brasil |
Xénero(s) | MPB, latin Jazz, samba-canção, folk rock, música experimental, pop, rock progressivo, world music |
Instrumento(s) | Violão, gaita, acordeão, contrabaixo, piano |
Período en actividade | 1962 – actualmente |
Discográfica(s) | EMI-Odeon, Warner Music, Discos CBS, A&M Records, Polygram do Brasil, Philips Records, Polydor, Mercury Records, Universal Music Brasil |
Filiación(s) | Alceu Valença, Elis Regina, Fernando Brandt, Clube da Esquina, Beto Guedes, Lô Borges, Wagner Tiso, Ronaldo Bôscoli, Roupa Nova, César Camargo Mariano, 14 Bis, Maria Rita Mariano, Luiz Guedes, Gal Costa, Angra, Som Imaginário e Marina Machado |
Páxina oficial | www.miltonnascimento.com.br |
Até agora, Milton Nascimento gravou 34 álbums. Cantou con ducias de artistas, incluíndo Maria Bethânia, Elis Regina, Gal Costa, Jorge Ben Jor, Caetano Veloso, Simone, Chico Buarque, Clementina de Jesus, Gilberto Gil, Lô Borges, Beto Guedes, Paul Simon, Criolo, Angra, Peter Gabriel, Duran Duran (con quen coescribiu e gravou "Breath After Breath", de 1993), Herbie Hancock, Quincy Jones.[2]