Universidade de Tecnoloxía de Delft
centro de ensino superior dos Países Baixos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Tecnoloxía de Delft (en neerlandés: Technische Universiteit Delft), coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidades tecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo.
Datos rápidos Universidade de Tecnoloxía de DelftTechnische Universiteit Delft (TU Delft), Datos xerais ...
Universidade de Tecnoloxía de Delft Technische Universiteit Delft (TU Delft) | |
---|---|
Campus da TU Delf, co edificio da biblioteca ao fondo | |
Datos xerais | |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Datos actuais | |
Reitor | Prof.dr.ir. Tim van der Hagen[1] |
Alumnos | 21.223 (curso 2016-2017)[2] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Postbus, 5. 2600 AA Delft. Países Baixos |
Páxina web | www.tudelft.nl |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real (Koninklijke Akademie), que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica (Technische Hogeschool) e finalmente, en 1986, polo de universidade.[3]
Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información (mellor da Unión Europea) e número 83 do mundo.[4][5]