Triturus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Triturus é un xénero de anfibios caudados da familia dos salamándridos, composto por unha serie de especies presentes en toda Europa coa excepción da maior parte de Escandinavia, e na parte occidental de Rusia, Asia Menor ao longo da costa do mar Negro e na costa sur do mar Caspio.
Máis información Triturus, Clasificación científica ...
Triturus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Triturus marmoratus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución do xénero Trirurus | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Pechar
Encóntranse en corpos de auga, como estanques pouco profundos, lagoas e regatos, e tamén en augas profundas tranquilas, e en zonas terrestres, como páramos, pantanos e bosques.
Especies deste xénero usáronse como indicadoras debido a que a súa presenza ou ausencia pode indicar a saúde do ambiente, por exemplo, o pH da auga e a presenza de contaminantes.