Tribunal Constitucional de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tribunal Constitucional de España é o órgano xurisdicional que culmina o poder xudicial, cuxa principal función é a de actuar como máximo intérprete da Constitución.
Tribunal Constitucional de España | |
---|---|
Sede do tribunal en Madrid | |
Tipo | tribunal constitucional |
Data de fundación | 1978 |
Presidente/a | Cándido Conde-Pumpido Tourón (2023-) |
Sede | Palace of Marqués de Grimaldi, sen etiquetar e Headquarters of the Constitutional Court |
En | Madrid |
País | España |
40°26′29″N 3°43′03″O | |
Na rede | |
https://www.tribunalconstitucional.es/es/Paginas/default.aspx | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na práctica a súa transcendencia vén dada por que constitúe o principal control dos poderes do Estado en materia constitucional (poder executivo, poder lexislativo, e do propio poder xudicial, revisando os seus actos cando atentan contra o disposto na Constitución).
En particular, ten competencia para coñecer:
- Do recurso e da cuestión de inconstitucionalidade contra leis e disposicións normativas con forza de lei (p. ex. Decretos leis e decretos lexislativos).
- Do recurso de amparo por violación de dereitos fundamentais e das liberdades públicas.
- Dos conflitos constitucionaís de competencia entre o Estado e as Comunidades Autónomas o dos habidos por estas entre si.
- Dos conflitos entre os órganos constitucionais do Estado.
- Dos conflitos en defensa da autonomía local.
- Da declaración sobre a constitucionalidade dos Tratados Internacionais.
- Das impugnaciones previstas no número 2 do artigo 161 da Constitución.
- Da verificación dos nomeamentos dos maxistrados do Tribunal Constitucional, para xulgar se os mesmos reúnen os requisitos que require a Constitución e a presente Lei que rexe tales nomeamentos .
- Das demais materias que lles atribúe a Constitución e as leis orgánicas.
Para coñecer do recursos interpostos contra os regulamentos, é competente a xurisdición contencioso-administrativa e non o Tribunal Constitucional, xa que ao seren normas emanadas da Administración pública (a través da potestade regulamentaria), que carecen de rango de lei, non cabe recurso de inconstitucionalidade. O tribunal con competencia última nesa materia sería o Tribunal Supremo ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no caso de que se recorra un regulamento emanado do goberno galego.
Os Tratados internacionais, porén, si cabe recorrelos por inconstitucionalidade perante o Tribunal Constitucional, porque a Constitución española outorgalles forza de lei a partir do momento en que se incorporan ao dereito estatal.
As sentenzas do Tribunal Constitucional serán publicada no Boletín Oficial del Estado cos votos particulares, se os houbese. Ditas sentenzas entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación e non cabe recurso contra as mesmas.
As sentenzas que declaren a inconstitucionalidade dunha lei oo dunha norma con forza de lei, teñen plenos efectos contra todos. Salvo que a sentenza dispoña outra cousa, subsistirá a vixencia da lei ou da norma na parte non afectada pola inconstitucionalidade.