Tratado de Edimburgo-Northampton
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado de Edimburgo-Northampton foi un tratado de paz, asinado en 1328 polos reinos de Inglaterra e Escocia. Supuxo fin á Primeira Guerra de Independencia de Escocia que comezara coa invasión inglesa de Escocia en 1296. O tratado foi asinado en Edimburgo por Roberto I, Rei de Escocia, o 17 de marzo de 1328, e foi ratificado polo Parlamento inglés en Northampton o 1 de maio. O documento foi escrito en francés e está en poder do "National Archives of Scotland" en Edimburgo.
Os termos do tratado establecían que, en troques de £20,000 libras, a Coroa Inglesa recoñecería:
- O Reino de Escocia como unha nación totalmente independente;
- A Robert the Bruce, e os seus herdeiros e sucesores, como os gobernantes lexítimos;
- A fronteira entre Escocia e Inglaterra como fora durante o reinado de Alexandre III (1249-1286).