Touro (astroloxía)
segundo signo astrolóxico do zodíaco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Touro[1] ou Tauro[2] (♉︎) é o segundo signo astrolóxico do zodíaco e o primeiro de calidade fixa e negativa.[3][4] Segundo a astroloxía occidental, este signo está rexido polo planeta Venus, terra e natureza, inflúe e presenta calidades semellantes á lealdade no contexto da calidade afectiva. O seu signo oposto e complementario á vez é Escorpión.[5]
Touro | |
---|---|
Símbolo zodiacal | O touro |
Duración (Tropical) | 21 de abril - 20 de maio (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 14 de maio - 14 de xuño (2024, UTC) |
Constelación | Taurus |
Elemento | Terra |
Calidade zodiacal | Fixo |
Domicilio | Venus |
Detrimento | Plutón e Marte |
Exaltación | Lúa |
Caída | Urano |
Touro (xunto cos signos Virxe e Capricornio) pertence ó elemento terra.[6] O seu símbolo está representado por un círculo con cornos que fai referencia á testa dun touro ou dunha vaca. Aínda que existen moitas versións de como puido xurdir este símbolo, a máis popular é a do Touro de Creta, unha iracunda besta mítica que habitaba naquela illa, sendo tamén a forma que adoptou Zeus cando raptou a Europa. Dende un punto de vista arquetípico, Touro estaría estreitamente relacionado co planeta Mercurio
En astroloxía occidental pertencen a este signo os que nacen dende o 20 de abril até o 21 de maio.[7]