Tomistominos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tomistominos (Tomistominae) son unha subfamilia de réptiles crocodilianos que comprende unha soa especie viva, o falso gavial ou gavial malaio. Coñécense tamén moitas especies fósiles encadradas nesta subfamilia, que estenden o rango da subfamilia ata o Eoceno. A diferenza do falso gavial, que é unha especie de auga doce que vive exclusivamente no sueste asiático, os tomistominos extintos tiñan unha distribución global e vivían en estuarios e ao longo da liña costeira.
Tomistominos Rango fósil: Eoceno - Actual (desde hai 55 millóns de anos) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O falso gavial, Tomistoma schlegelii | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
A clasificación dos tomistominos dentro de Crocodilia foi moi discutida e flutuante; tradicionalmente se pensaba que estaban dentro da familia Crocodyloidea, xa que teñen moitas semellanzas morfolóxicas cos crocodilos, pero as evidencias moleculares indican que están máis próximos aos gaviais e dentro da familia Gavialoidea.[1][2]