Teruel
cidade aragonesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Teruel é unha cidade de Aragón, na zona centro-oriental de España, capital da provincia do mesmo nome e capital do Mudéxar. Con 35.037 habitantes en 2008, é a capital de provincia menos poboada de España. Está na confluencia dos ríos Guadalaviar e Alfambra. Situada a unha altitude de 915 m o seu clima caracterízase por invernos fríos e veráns cálidos e secos.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Teruel (es) Tergüel (an) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Teruel | ||||
Capital | Teruel | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.267 (2023) (82,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 440,414455 km² | ||||
Altitude | 915 m | ||||
Comparte fronteira con | Albarracín Peralejos (pt) Cuevas Labradas (en) Corbalán (pt) La Puebla de Valverde (pt) Celadas (pt) Rubiales (pt) Cella Alfambra Villastar (en) Cubla | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Fernando III de Castela | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Emma Buj (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 44001–44003 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 978 | ||||
Código INE | 44216 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | teruel.es |
É especialmente coñecida polo seu xamón con denominación de orixe e a súa arte mudéxar recoñecida pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.
Entre os seus atractivos turísticos encóntranse as súas edificacións mudéxares, o mausoleo dos amantes de Teruel, o centro paleontolóxico Dinópolis e unha gran riqueza natural. A súa arte mudéxar recorda o seu pasado multicultural. Os monumentos máis destacados deste estilo son a Igrexa de Santa María, Catedral da diocese de Teruel, as torres de O Salvador, San Martín e San Pedro, a cuxos pés se encontra a igrexa que recibe o mesmo nome, tamén de arte mudéxar.
No camiño de Santa Bárbara, pódese apreciar a mellor vista da cidade e a súa contorna desde o Miradoiro dos Mansuetos, coa súa mesa de interpretación.