Territorio Libre de Trieste
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Territorio Libre de Trieste (en italiano: Territorio libero di Trieste, en esloveno: Svobodno tržaško ozemlje, en croata: Slobodni teritorij Trsta), tamén coñecido compo Estado Libre de Trieste, foi unha cidade estado situada na Europa central, entre o norte de Italia e os territorios de Eslovenia e Croacia, na antiga Iugoslavia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Trieste | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 330.000 (1949) (447,15 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana Lingua serbocroata lingua eslovena | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 738 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 15 de setembro de 1947 | ||||
Disolución | 11 de outubro de 1977 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Consello de Seguridade das Nacións Unidas república | ||||
Moeda | Lira italiana | ||||
O Territorio Libre de Trieste abarcaba a cidade portuaria de Trieste, unha estreita franxa costeira ao noroeste (Zona A) e unha pequena porción da península de Istria (Zona B).
Foi establecido en 1947 pola Resolución 16 do Consello de Seguridade das Naciones Unidas, para acomodar a unha poboación con mestura étnica e cultural nun país neutral, democrático e independente. A intención era tamén eliminar as demandas territoriais, debido á importancia estratéxica da cidade para o comercio coa Europa central.