Punt
From Wikipedia, the free encyclopedia
A terra de Punt (en exipcio: pwnt, interpretacións exipcias alternativas: Pwene (t) /pu:nt/), tamén chamada Ta Nétjer que significa "terra do deus", foi un antigo territorio descrito polos textos en xeroglíficos do Antigo Exipto, cunha localización aínda incerta, aínda que posiblemente puido estar situado na costa africana do océano Índico. Unha investigación de 2015 do Dartmouth College que rastrexaba as orixes xeográficas dalgúns babuínos momificados achados en Exipto e provenientes do comercio con Punt sinala que estes animais proveñen dunha ampla rexión que comprende os actuais territorios de Etiopía, Eritrea, Djibuti, Somalia e o Iemen.[1][2][3]