Terápsidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Therapsida ou terápsidos, coñecidos tamén como réptiles mamaliformes, forman unha orde da clase Synapsida (sinápsidos) que atopamos en estado fósil. Os terápsidos son devanceiros dos mamíferos.
Terápsidos Rango fósil: Permiano – actualidade | |||
---|---|---|---|
Ilustración de Pristerognathus, un terápsido terocéfalo | |||
Estado de conservación | |||
FO | |||
Clasificación científica | |||
| |||
Clados | |||
|
Xorden no período permiano, no final da Era Paleozoica, sendo descendentes dos réptiles pelicosauros (Pelycosauria). Moitas especies desapareceran no evento de extinción en masa acontecido no fin do período permiano, pero as especies superviventes conseguiron adaptarse e acadaron o seu apoxeo no período Triásico, xa na Era Mesozoica, cando dominaron o ambiente terrestre e se espallaron pola Panxea, ocupando moitos nichos ecolóxicos e dando orixe a moitas novas especies. Con todo, ao final do Triásico, houbo outra grande extinción e os terápsidos practicamente desapareceron e foron substituídos como grupo dominante polos emerxentes dinosauros (con quen non tiñan parentesco directo). Unhas poucas especies perduraron ata o final do período Cretáceo, cando finalmente desapareceron.