Teoría da xeración espontánea
teoría obsoleta según a cal pode surxir vida da materia inorgánica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A teoría da xeración espontánea supoñía que os seres vivos considerados inferiores nacían espontaneamente da materia orgánica en descomposición, ou ben da materia mineral cando esta se atopa en determinadas condicións, mentres que o home e os seres vivos superiores foran creados directamente por Deus.
Para demostrar esta teoría, os seus defensores baseábanse na (incorrecta) observación diaria: os vermes nacían na terra, na lama ou na carne en putrefacción; as moscas tamén na carne en descomposición; os ratos no lixo etc.
Esta antiga teoría biolóxica, hoxe tamén é coñecida como abioxénese e tamén como autoxénese, termo este último cuñado por Thomas Huxley en 1870 para se referir orixinalmente a aquela, en oposición á orixe da xeración por outros organismos vivos ou bioxénese.