Templo de Xúpiter Óptimo Máximo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O templo de Xúpiter Óptimo Máximo, tamén coñecido como templo de Xúpiter Capitolino (en latín: Aedes Iovis Optimi Maximi Capitolini; en italiano: Tempio dei Giove Ottimo Massimo), foi o templo máis importante na Roma Antiga e estaba localizado no Monte Capitolino.
Estaba dedicado a Xúpiter, xunto aos outros dous integrantes da Tríada Capitolina, Xuno e Minerva.