Tapiz da Creación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tapiz da Creación (en catalán: Tapís de la Creació) tamén chamado Tapiz de Xirona (en catalán: Tapis de Girona), é un bordado do século XI ou de comezos do XII[1][2] que se atopa no Museo Capitular da Catedral de Xirona. É único no seu xénero e a peza máis importante de tódalas de arte téxtil románica que se conservan, só comparable ó Tapiz de Bayeux como un testemuño da pintura á agulla[3] da época románica.[4] De 358 cm de altura por 450 cm de largura, está bordado con las de cores e ten unha xustificada fama universal e atrae constantmente a atención dos estudosos pola riqueza do seu contido temático e iconográfico. Amosa unha sinfonía sobre a creación do mundo e a estadía do home no Paraíso, e unha coroa cósmica na cal os elementos da natureza arrodean a figura central de Xesucristo.
Tapiz da Creación | |
---|---|
Artista | Anónimo |
Data | século XI |
Técnica | Tapiz bordado |
Dimensións | 450 cm × 358 cm |
Localización | Museo Capitular da Catedral (Xirona) |
A obra foi exposta fóra da catedral en dúas ocasións: no ano 1888 na Exposición Universal de Barcelona e posteriormente en 1892 en Madrid.[5]