Tanna
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tanna ou Tana é unha illa de Vanuatu. Ten 40 km de lonxitude e 19 km de ancho, cunha superficie total de 550 km². É a illa máis poboada da provincia de Tafea, cunha poboación de preto de 30.000 habitantes e a illa máis poboada da provincia de Tafea, e nunha das illas máis poboadas do país.
Tanna | |
---|---|
Localización de Tanna | |
Tanna , mapa | |
Situación | |
País | Vanuatu |
Provincia | Tafea |
Arquipélago | Novas Hébridas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 19°30′S 169°20′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Volcánica |
Superficie | 550 km² |
Longura máxima | 40 km. |
Largura máxima | 19 km. |
Perímetro | 118´90 km. |
Punto máis alto | 1.084 m. Monte Tukosmera |
Demografía | |
Capital | Isangel |
Poboación | 28.799 hab. (2009) |
Densidade | 52´36 hab/km² hab./km² |
Isangel, a capital administrativa da provincia, atópase na costa occidental, cerca da cidade máis grande da illa, Lénakel. O monte Yasur é o volcán activo máis accesible do mundo, e localízase na costa sueste. A súa altura máxima é o monte Tukosmera, no sur da illa de 1084 m.
Tanna é a base da seita de cargamento John Frum (un grupo relixioso cuxa crenza central é que os cargamentos de bens propiedade dos occidentais fóronlles enviados polos seus antepasados e deberían pertencerlles).