Super 12 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2004 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 9ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou con 12 equipos, que disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos ACT Brumbies, o equipo de Canberra que acadou así o seu 2º título, vencendo na final ós Crusaders de Christchurch.
A primeira xornada disputouse o 20 de febreiro de 2004, mentres que a final tivo lugar en Canberra o día 22 de maio de 2004.