Superóxido
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un superóxido é un composto que contén o anión superóxido, que ten a fórmula química O−
2.[1] O nome sistemático do anión é dióxido(1−). O anión reactivo do oxíxeno superóxido é especialmente importante como produto da redución por un electrón do dioxíxeno O2, que ocorre moi frecuentemente na natureza.[2] O oxíxeno molecular (dioxíxeno) é un dirradical que contén dous electróns desapareados, e o superóxido é o resultado da adición dun electrón que enche un dos dous orbitais moleculares dexenerados, deixando unha especie iónica cargada cun só electrón desapareado e unha carga neta de −1. Tanto o dioxíxeno coma o anión superóxido son radicais libres que presentan paramagnetismo.[3]
Superóxido | |
---|---|
dióxido(1-) | |
dioxidan-2-idil | |
Outros nomes superóxido | |
Identificadores | |
PubChem | 5359597 |
ChemSpider | 4514331 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | O2 |
Masa molar | 32,00 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |