Sudán
país de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sudán[1][2] (en árabe: السودان as-Sūdān[3]), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.[4] A relixión predominante é o islam.[5]
جمهورية السودان (ar) | |||||
Himno | Nahnu Jund Allah Jund Al-watan (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «النصر لنا» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Khartún | ||||
Contén a división administrativa | Al Jazirah (estado) (pt) Cartum (pt) Cordofão do Norte (pt) Cordofão do Sul (pt) Darfur Ocidental (pt) Darfur do Norte (pt) Darfur do Sul (pt) Estado do Norte (pt) Gadarife (pt) Kassala (pt) Mar Vermelho (pt) Nilo Azul (pt) Nilo Branco (pt) Rio Nilo (pt) Sennar (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.533.330 (2017) (21,49 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | árabe lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.886.068 km² | ||||
Punto máis alto | Deriba (pt) (3.042 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Vermello (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | Sudán do Sur Bir Tawil Libia Eritrea Exipto República Centroafricana Etiopía Oriente Medio Chad Kenya (–2011) República Democrática do Congo (–2011) Uganda (–2011) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1956 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
• Chairman of the Transitional Military Council (en) | Abdel Fattah Abdelrahman Burhan (pt) (2019–) | ||||
• Prime Minister of Sudan (en) | Abdalla Hamdok (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | National Legislature (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 34.229.513.775 $ (2021) | ||||
Moeda | Libra sudanesa (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sd | ||||
Prefixo telefónico | +249 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | SD | ||||
Páxina web | sudan.gov.sd… |
O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.
É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio.[6][7] A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria, a "Asemblea Nacional".[8] O seu sistema legal baséase na Xaria, a lei islámica.